Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de decembro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 5 de decembro de 2018, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-116/2018 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que se menciona no anexo a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta área provincial a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 27 de decembro de 2018

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-116/18.

Denunciado: Manuel Peña Fernández.

NIF: 76*****2F.

Establecemento: Lisboa.

Enderezo: avenida Penela, 18.

Localidade: Ortigueira.

Precepto infrinxido: art. 109.2, alíneas a) e b), da Lei 7/2011.

Resolución: 5 de decembro de 2018.

Sanción: multa por importe de douscentos vinte e cinco euros (225,00 €).