Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 185/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Pájaro Varela contra o Fogasa e Mármoles Alende, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Joaquín Pájaro Varela con Mármoles Alende, S.L. e condeno a executada a abonarlle a Joaquín Pájaro Varela a suma de 4.350,63 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 28.057,68 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 2.324,64 euros en concepto de cantidades debidas, resultando un total de 34.732,95 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina.

O/a maxistrado/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza