Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO da convocatoria do proceso de selección para unha praza da escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativo, con carácter interino.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 4, do 7 de xaneiro, publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán este proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Zas, 8 de xaneiro de 2018

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde