Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial SUND-30 (expediente FG 574).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 29 de novembro de 2018, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial sector SUND-30 A Ferrala, en Liáns (documento número 17757, do 20 de setembro de 2018).

O plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 11 de decembro de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente