Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña), para seren notificados por comparecencia do acordo da dita reestruturación.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de reestruturación parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: acordo de reestruturación parcelaria

Interesados:

Lucía Antiqueira Leis

María Antiqueira Malvárez

Francisco José Barreiro Sanmartín

Clara Caamaño Cobas

Ángel Caamaño Tuñas

Manuel Caamaño Tuñas

María del Carmen Casabiell Casabiell

María del Pilar Casabielle Casabielle

Agustina Casais

Javier Casais Tomé

José Manuel Casais Tomé

María Currais Tuñas

Nicolás Currais Tuñas

Rosa Dopazo Malvárez

Avelina Ferreiro Romarís

Francisco Ferreiro Romarís

José Ferreiro Romarís

Emilio Forján Barbazán

Dolores Forján Iglesias

Carmen Forján Pérez

Dorinda Forján Pérez

José Fuentes Mira

Rufino Guzmán Fernández

Secundino Guzmán Fernández

José Guzmán

Carmen Genara Leis Piñeiro

Jesús Lema López

Amadora Lens Forján

Pedro Jesús Lens Teiga

Esther Liñares Capeáns

Manuel Lourido Iglesias

Belarmino Mayo Ferreiro

Carmen Mayo Maroñas

María Teresa Mosquera Mosquera

José Mujico Moure

Eduardo Neo Ruiz

María Ángeles Neo Suárez

Manuel Nieto Guzmán

Francisco Javier Nieto López

Manuela Remedios Nieto Mayo

María Joventina Pais Pais

Ramón Pais Pais

Antonio Pais Romarís

María Obdulia Pedrares Romarís

Raúl Pereiro Fernández

Emiliana Pérez Campos

Jesús Pérez Rioboo

Manuel Pérez Rioboo

Fernando Porto Denis

María del Carmen Porto Denis

Víctor Porto Mugico

Roberto Puñal Ardións

Manuel Edelmiro Rial Casabiell

Francisco Rial Chaves

Casia Rial Montero

Eduardo Rial Montero

Hortensia Rial Suárez

Juan Rial Suárez

Teresa Rial Suárez

Celia Rodríguez Abella

María Placeres Elena Romarís García

Manuela Romarís

Evangelina Sanmartín Liñares

José Sanmartín Romarís

Maximino Sanmartín Tuñas

Juan Manuel Santiso Mayo

Amalia Serrano Suárez

Manuel Domingo Souto Casal

Carlos Souto Tuñas

María Luciana Souto Tuñas

Josefa Suárez Guzmán

Domingo Suárez Pais

Ramón Julio Suárez Romarís

Susana Suárez-Vence Santiso

Manuela Tomé Caamaño

José Tuñas Santiago