Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia relativos aos recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de decembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Manuel Cancela Gerpe

Carmen Gómez Otero

Dolores Gómez Otero

Amalia Mourelle Varela

Eliseo Pastoriza Mourelle

Juan Pérez Otero

Manuel Antonio Pérez Otero

Orendina Pérez Otero