Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da Zona de Concentración Parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados dunha resolución que os afecta.

Así mesmo este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: resolución do 17.9.2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Interesados/as:

José Ramón Casal Costoya

María Costoya Neira

Alberto Díaz Formoso

Francisco Javier Díaz Formoso

Pedro Teodoro José Díaz Montero

Teodoro Díaz Montero

Miguel Ángel Díaz Montero Caramés

Andrés Emilio Fernández Pérez

María Mercedes Gundín García

Nieves Gundín García

Acracio Hernández Jiménez

Fernando Martínez Bujanda Díaz

María Inmaculada Montero Sanjurjo

Serafín Pérez Sánchez

Ana María Peteiro Rodríguez

Ramiro Platas Mellid

Julio Quintela Costa

Marcial Rico García

Matilde Vázquez Sánchez