Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros aquelas persoas físicas ou xurídicas que, observando as disposicións legais vixentes, se adiquen á actividade pesqueira, acepten libre e voluntariamente o establecido nos presentes estatutos, e así o soliciten.

Asinantes: Manuel González Fernández e Agustín Santomé García.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego