Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 49/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 49/2018, seguido por instancia de Milagros Lourdes Casas Montero contra Global Fir, S.L., sobre execución despido, ditouse auto o 5 de decembro de 2018 polo que se declarou extinguida a relación laboral que vinculaba a executante coa entidade e a esta ao pagamento de cantidade, podendo interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Global Fir, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza