Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de novembro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-01019-O-2016.

O director xeral de Mobilidade dictou a resolución do recurso de alzada presentado no expediente sancionador número PO-01019-O-2016 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta devolveuse polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), logo da publicación no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no art. 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persona sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Fecha-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

Resolución de recurso

PO-01019-O-2016

SG-8679-H

76933414R

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

24.10.2015; 11.00.00; PO-531; 4,5

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801

Desestimado