Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 252/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 252/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Moure Pulleiro contra Riveira Enteira, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza número 303/2018, do 27 de xuño, ditada no PO 213/2016 a favor da parte executante, José Moure Pulleiro, contra Riveira Enteira, S.L., parte executada, por importe de 4.967,02 euros en concepto de principal (3.893,82 euros en concepto de salarios, pagas extras e vacacións non desfrutadas e festas non recuperables, máis 1.073,20 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 496,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir de pagamento a Riveira Enteira, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.967,02 euros en concepto de principal (3.893,82 euros en concepto de salarios, pagas extras e vacacións non desfrutadas e festas non recuperables, máis 1.073,20 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 496,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco de Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0252 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Riveira Enteira, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, José Moure Pulleiro, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Riveira Enteira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza