Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de novembro de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00480-O-2018).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00480-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987,do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 27 de novembro de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00480-O-2018

PO-1684-BM

77544098N

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.11.2017; 19.24.00; N-550; 125,0

Art. 142.8 da LOTT

Art. 143.1.b) da LOTT

201 euros