Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D27.64671.

O 21 de novembro de 2018 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Gerardo Martínez Postigo (t.m. Ribadeo).

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e faiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia