Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de prórroga do permiso de actividade e da concesión do parque de cultivo titularidade de Mariscos del Ortegal, S.L., de 6.652 metros de superficie, na enseada de Caleira, punta Sismundi, Cariño, A Coruña.

1. Con data do 19 de xaneiro de 2018 Abelardo Rodríguez Martínez, en representación de Mariscos del Ortegal, S.L. (B15593148), solicita prórroga extraordinaria dun parque de cultivo, coas seguintes características:

– Titular: Mariscos del Ortegal, S.L.

– Tipo: parque de cultivo.

– Título habilitante: concesión.

– Orde de outorgamento: Resolución do 15.2.2008 (DOG núm. 71, do 14 de abril).

– Lugar: enseada de Caleira, punta Sismundi, Cariño, A Coruña.

– Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xaponesa (Ruditapes phillipinarum) e ameixa babosa (Venerupis corrugata).

– Superficie dominio público: 6.652 m2.

– Remate da vixencia: 8.3.2018.

2. Con data do 2 de abril de 2018, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emite informe de que non é necesario someter a prórroga solicitada ao trámite de avaliación de impacto ambiental, sinalando que deberá ser extremadamente coidadoso no desenvolvemento da actividade, para garantir a preservación do espazo protexido.

3. Con data do 16 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica emite informe favorable á solicitude de prórroga extraordinaria da concesión de ocupación dunha superficie de 6.652 m2 de bens de dominio público marítimo-terrestre con destino a parque de cultivo, coas condicións fixadas na Resolución do 15 de febreiro de 2008, salvo no referente ao prazo, que finalizará o 14 de abril de 2028, e que pode ser prorrogado por períodos de dez anos ata o máximo que rematará en 2048, e establece unha condición previa ao outorgamento consistente no levantamento dunha acta de recoñecemento final.

4. Con data do 19 de agosto de 2018, Mariscos del Ortegal, S.L. acepta as condicións fixadas no informe do 16 de agosto de 2018, da Dirección General de Sustentabilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

5. Con data do 25 de outubro de 2018, a Demarcación de Costas en Galicia emite acta de recoñecemento final das obras correspondentes á concesión outorgada por Resolución do 15 de febreiro de 2008, pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a Mariscos del Ortegal, S.L. para a instalación e explotación dun parque de cultivo mariño e para a ocupación de terreos do dominio público marítimo terrestre na enseada de Caleira, punta Sismundi, termo municipal de Cariño, na Coruña.

6. O servizo de Análise e Rexistros remite o día 14 de novembro de 2018 os datos de produción do parque que demostran o estado produtivo das instalacións, agás o ano 2017, en que non figura actividade, estando pendentes a realización de sementeiras de ameixa, segundo declaracións do titular, á espera da concesión da prórroga.

7. Con data do 19 de novembro de 2018, o biólogo de zona emite informe sobre a situación actual do parque de cultivo, sinalando a presenza na súa superficie dunha notable cantidade de ostra rizada (Crassostrea gigas) e atopando baixas densidades de bivalvos comerciais, así como unha elevada compactación do substrato.

Polo que, acordo outorgar a Mariscos del Ortegal, S.L. a prórroga extraordinaria prevista no artigo 68 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e no artigo 2 da Lei 2/2013, do 29 de maio, do permiso de actividade e da concesión de que é titular por Resolución do 15 de febreiro de 2008, para ocupar 6.652 m2 de dominio público na enseada de Caleira, punta Sismundi, no concello de Cariño, A Coruña, coas condicións fixadas na concesión orixinal, ampliando o prazo da concesión, o prazo finalizará o 14 de abril de 2028 e pode ser ser prorrogado por períodos de 10 anos, sempre que se demostre o correcto grao de actividade e logo de petición do concesionario, ata un máximo que remataría o 14 de abril de 2048.

As distintas prórrogas outorgaranse ou denegaranse en función dos estudos e informes de seguimento da actividade e os seus efectos sobre o dominio público marítimo-terrestre. Para o seguimento, o concesionario deberá presentar ante a Dirección Xeral de Costas os oportunos informes sobre os efectos da actividade no dominio público marítimo-terrestre, realizados con solvencia científica, cunha periodicidade mínima de dous anos, partindo da situación actual.

O concesionario deberá xustificar o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditar a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potes-tativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de decembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña