Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, situado na avda. da Habana, 79, 7ª planta, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 13 de decembro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR349A 2012/46-3.

Solicitante: Arrancadeira, S.C.

Concello: Ourense.

Materia: programa de fomento da contratación indefinida inicial (CONII).

Precepto infrinxido: base sétima, puntos 1 e 2, da Orde do 6 de agosto de 2012 (DOG núm. 155, do 14 de agosto).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR349A 2012/20-3.

Solicitante: Juan José Castro Silvares.

Concello: O Carballiño.

Materia: programa de fomento da contratación indefinida inicial (CONII).

Precepto infrinxido: base sétima, puntos 1, 2 e 4, da Orde do 6 de agosto de 2012 (DOG núm. 155, do 14 de agosto).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR341D 2016/90-3.

Solicitante: Jenniffer Sotelo Rodríguez.

Concello: Ourense.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Precepto infrinxido: artigo 17.b) da Orde do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR343A 2016/36-3.

Solicitante: Seindra Servicios y Mantenimientos, S.L.U.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Materia: subvencións pola contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

Precepto infrinxido: artigo 27.1 da Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR349J 2016/9-3.

Solicitante: Certinor Raiz D-Dos, S.L.

Concello: Ourense.

Materia: programa de incentivos á contratación temporal.

Precepto infrinxido: artigo 41.1, capítulo VI, da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 133, do 14 de xullo).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.