Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación liña colectora Ludrio eixe sur: tramo II, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-Vacariza, parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/3-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da liña colectora Ludrio eixe sur: tramo II, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-Vacariza, parque eólico Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 14 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/3-0.

Denominación: liña colectora Ludrio eixe sur: tramo II, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-Vacariza, parque eólico Monciro.

Convocatoria levantamento actas previas: 23 de xaneiro de 2019 ás 9.30 horas no Concello de Baleira (Lugo).

Predio

Propietario

Anotación correo

Concello

Polígono

Parcela

1

Descoñecido

Descoñecida

Baleira

1

18

43

Descoñecido

Descoñecida

Baleira

5

533

47

Descoñecido

Descoñecida

Baleira

67

9