Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a finalización por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2018324TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da finalización por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2018324TA-CO incoado a Rosa María Rivero Chans.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 11 de decembro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2018324TA-CO.

Interesada: Rosa María Rivero Chans.

DNI/NIF/CIF: ****3254.

Último enderezo coñecido: As Xubias de Abaixo, 6, baixo, 15006 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.