Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 923

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de tesouraría como posto reservado a funcionarios de Administración local de habilitación de carácter nacional no Concello de Teo.

Con data do 16 de novembro de 2018, o Concello de Teo comunica á Dirección Xeral de Administración Local a creación da praza de tesoureiro como posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Este posto de tesouraría é un posto para o desempeño das funcións propias de tesouraría de acordo co establecido no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, aberto á subescala de intervención-tesouraría e co complemento de destino 28.

O artigo 14 do citado Real decreto 128/2018 establece que nas corporacións locais cuxa secretaría estea clasificada en segunda clase existirá un posto de tesouraría reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesouraría.

O expediente tramitado polo Concello é conforme o disposto no artigo 14 do citado Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e reúne os requisitos para a súa tramitación de conformidade co informe emitido con data do 14 de decembro de 2018 pola subdirectora xeral de réxime xurídico local.

Polo exposto, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e no artigo 22 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Clasificar o posto de tesouraría do Concello de Teo (A Coruña) como posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de intervención-tesouraría, e categoría de segunda, que queda da seguinte forma:

Entidade local: Concello de Teo.

Posto: tesouraría.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma de provisión: concurso.

Complemento de destino: 30.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto ao artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local