Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 922

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade da Resolución do 18 de decembro de 2018 pola que se encomenda a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a realización de traballos técnicos (anticipado de gastos).

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 18 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a realización de traballos técnicos.

– Actividade: os traballos que se realizarán baixo a cobertura da encomenda consistirán no apoio técnico á Axencia Galega de Infraestruturas no desenvolvemento daquelas tarefas en que a experiencia acumulada por Xestur na execución das obras permita complementar o traballo de persoal da mencionada Axencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a empresa Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses contados a partir do 1 de xaneiro de 2019.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2019, aplicación orzamentaria 08.A1.512B.640.1.

– Orzamento: 55.927,35 €.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas