Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO do cambio de uso da zona de servizos do equipamento institucional situado na rúa Igrexa, 18, Raxó.

O Pleno do Concello de Poio, na sesión realizada o día 27 de novembro de 2018 adoptou, entre outros, o acordo núm. 4569 en que se acordou o seguinte:

Primeiro. Cambiar o uso da zona de servizos do equipamento institucional situado na rúa Igrexa, 18 de Raxó (Poio), con destino aos previstos no actual artigo 71 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, ou nos que en cada momento marque a normativa urbanística para tales equipamentos públicos, usos/servizos prestados sen ánimo de lucro, para o común dos/das veciños/as.

Segundo. Proceder á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 8.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Poio, 12 de decembro de 2018

Luciano Sobral Fernández
Alcalde