Primeiro. A Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen las bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño de 2018), establece no seu artigo 5 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Segundo. A Orde do 22 de maio de 2018 establece no seu artigo 5 que a citada orde se financiará cos seguintes créditos:
Liña 1: aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.6 cun crédito de 1.500.000 €
Liña 2: aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0 cun crédito de 1.500.000 €, que foi ampliado mediante a Orde do 14 de novembro de 2018 (DOG nº 223, do 22 de novembro en 1.000.000 €, e ten por tanto, un crédito total de 2.500.000 €
Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a derradeira solicitude que se puido conceder da liña 2 antes do esgotamento do crédito foi a TR341Q/2018/204-3 presentada na sede electrónica o día 3 de xullo de 2018 ás 18.19.04 horas.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen las bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, para a liña 2 con data do 3 de xullo de 2018 ás 18.19.04 horas.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego