Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a finalización por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2018306TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da finalización por recoñecemento de responsabilidade e pago voluntario do expediente sancionador 2018306TA-CO incoado a A Baña Bermella, S.L., e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018306TA-CO.

Interesada: A Baña Bermella, S.L. (Feitizos).

DNI/NIF/CIF: B70328257.

Último enderezo coñecido: lugar de Faílde, s/n, 15863 A Baña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.