Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de decembro de 2018 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento número 8 do porto de Pontedeume (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Víctor Manuel Sendón Vázquez con DNI ****8243, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 8 do porto de Pontedeume, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por estar extinguida a autorización, e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O local deberá de ser abandonado nun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentar os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso, o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos de Seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia