Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 9

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura e Turismo

DECRETO 167/2018, do 29 de novembro, polo que se regula a utilización da marca Xacobeo 2021.

Os Camiños de Santiago supoñen historicamente un constante fluxo de peregrinos e peregrinas que, no seu itinerario cara a Santiago de Compostela, veñen construíndo unha cultura común europea ao longo de máis de mil anos de historia en común.

A política desenvolvida pola Xunta de Galicia a principios dos anos noventa do pasado século revitalizou os Camiños de Santiago e fixo que nas últimas décadas estes camiños experimentasen un extraordinario auxe, vivindo un novo tempo de peregrinación, de intercambio de ideas, de culturas e de nacionalidades, que converten os Camiños de Santiago e Galicia en elementos referenciais en Europa e en gran parte do mundo.

Non se pode esquecer, ademais da vertente cultural e relixiosa, o efecto económico e xerador de riqueza que xeran os Camiños de Santiago, especialmente nos anos santos, afectando non só a cidade de Santiago de Compostela senón a todo o territorio galego.

En consecuencia, a celebración do Ano Santo Xacobeo no ano 2021 constitúe para a Comunidade Autónoma de Galicia unha oportunidade de potenciación de Galicia, así como de promoción e de reforzo da dimensión internacional dos Camiños de Santiago e da propia Comunidade, e comporta un amplo despregamento de actuacións en distintos ámbitos.

A disposición adicional octoxésimo sétima da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para 2018, recoñece ao programa «Año Santo Xacobeo 2021», a consideración de acontecemento de excepcional interese público para os efectos do disposto no artigo 27 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. A duración do programa de apoio a este acontecemento abrangue desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2021.

A programación que se desenvolverá incluirá todo tipo de acontecementos e actividades culturais, sociais, artísticos, musicais e deportivos, actuacións de investigación, publicacións, proxectos didácticos, así como as iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico, cultural e a acollida ao visitante e peregrinos no marco da celebración dun evento que constitúe, pois, a mellor oportunidade para promocionar a nosa comunidade, reforzando a dimensión internacional do Camiño de Santiago.

O decreto estrutúrase en tres artigos, unha disposición transitoria única e dúas disposicións derradeiras.

O articulado regula a utilización da marca «Xacobeo 2021» polo sector público autonómico de Galicia e por outras persoas ou entidades, e o fomento do uso da marca polas entidades locais galegas, respectivamente.

A disposición transitoria establece a utilización do material impreso de papelaría corporativa existente no momento da entrada en vigor do presente decreto, ata o seu esgotamento.

Finalmente, as disposicións derradeiras regulan o desenvolvemento normativo, así como a vixencia da norma, que se estenderá desde o día seguinte ao da súa publicación ata o 31 de decembro de 2021.

O manual de identidade gráfica, que se xunta como anexo, establece os principios básicos que se aplicarán a toda a gama de produtos de comunicación da marca «Xacobeo 2021». O seu obxectivo é darlle á imaxe da marca identidade e coherencia na súa comunicación. A identidade constrúese ao redor de dous elementos chave: a cuncha da vieira e un logotipo deseñado con letras personalizadas.

O manual de identidade vai dirixido ao sector público autonómico, e establécese, así mesmo, a posibilidade de que o resto de persoas, entidades e institucións non integrantes do citado sector público autonómico soliciten, á Axencia Turismo de Galicia, as correspondentes licenzas e autorizacións para o seu uso, o que se outorgará con suxeición á normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial.

Para o desenvolvemento e promoción deste é imprescindible a correcta aplicación e o respecto á normativa existente para o uso da imaxe corporativa.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Turismo de Galicia asume a dirección e coordinación das actuacións relacionadas coa posta en valor cultural e turístico do Camiño de Santiago, a súa promoción, a xestión da imaxe corporativa do Xacobeo, así como calquera outra acción que redunde en beneficio do Camiño de Santiago.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de novembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1. Utilización da marca «Xacobeo 2021» pola Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia

1. Os departamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, os seus organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais, consorcios autonómicos, fundacións do sector público autonómico e sociedades mercantís públicas autonómicas, sen prexuízo da observancia dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia, aprobados polo Decreto 409/2009, do 5 de novembro, e da marca turística de Galicia aprobada polo Decreto 121/2011, do 16 de xuño, utilizarán como elementos adicionais os símbolos da marca «Xacobeo 2021», reflectidos no correspondente manual básico, que figura como anexo deste decreto, en todas as súas accións de comunicación audiovisuais, escritas ou plásticas ata o 31 de decembro de 2021.

2. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as demais entidades do sector público autonómico de Galicia, nas súas relacións de colaboración con outras administracións ou entidades dependentes, deberán exixir, sempre que o seu obxecto o permita, que se faga constar a marca do «Xacobeo 2021».

Artigo 2. Utilización da marca do «Xacobeo 2021» por outras persoas e entidades

1. A utilización da marca do «Xacobeo 2021» por persoas físicas ou xurídicas, entidades e institucións non integrantes da Administración xeral e do sector público autonómico da Comunidade Autónoma requirirá solicitude dirixida á Axencia Turismo de Galicia, que é a competente para outorgar as correspondentes licenzas e autorizacións.

2. As licenzas e autorizacións outorgaranse con suxeición á normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial e condicionadas en todo caso ao respecto das normas de uso contidas no manual de identidade gráfica.

Artigo 3. Fomento do uso da marca do «Xacobeo 2021»

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as demais entidades do sector público autonómico de Galicia fomentarán o emprego polas entidades locais galegas da marca do «Xacobeo 2021» informándoas sobre a posibilidade de solicitar a oportuna autorización para o seu uso en todas as súas actuacións, especialmente nas de comunicación pública e promoción.

Disposición transitoria única. Réxime transitorio

1. Seguirán sendo utilizadas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as demais entidades do sector público autonómico de Galicia, ata que se esgoten, as existencias de material impreso de papelaría corporativa anteriores á entrada en vigor deste decreto.

2. Con independencia do establecido no número anterior, a marca do «Xacobeo 2021» aplicarase sempre que proceda á adquisición, reposición ou reedición de todo elemento que deba exhibila.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Habilítase a persoa titular da Consellería de Cultura e Turismo para o desenvolvemento regulamentario das disposicións contidas neste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, vinte e nove de novembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file