Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de cambio de ordenanza de uso comercial.

O Pleno do Concello do Porriño, en sesión ordinaria con data do 12 de novembro de 2018 adoptou o seguinte acordo:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para modificación da ordenanza de uso comercial do PXOM redactada pola entidade Visier Arquitectos, S.L.

2º. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, un xornal de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º. Dar traslado do expediente ao órgano competente en materia de urbanismo para realizar as consultas previstas no documento de alcance, dar audiencia aos municipios limítrofes e solicitar os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

4º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación e derrubamento nos ámbitos da modificación puntual que poidan seren incompatibles coa ordenación urbanística que sexa de aprobación».

O que se fai público para que os interesados presenten as alegaciones, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 20 de novembro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa