Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54492

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de policía local, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, reservada para a mobilidad horizontal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 243, do 21 de decembro de 2018, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de policía local para o concello de Ribeira, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, a través do proceso selectivo de concurso e reservada para a mobilidade horizontal, en cumprimento do disposto no artigo 35.4 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 21 de decembro de 2018

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde