Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (PO 180/2017).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Revinox contra Cifersa Compañía de Inversiones ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Ourense, 20 de xuño de 2018

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou esta sentenza no procedemento civil ordinario 180/2017, no cal é parte demandante a mercantil Revinox, S.L., representada pola procuradora Sra. Juiz Casas con asistencia técnica do letrado Sr. Riera Reberte, contra Cifersa Cía. Inversiones, S.A., que foi declarada en situación de rebeldía ao non contestar a demanda, nin comparecer á audiencia previa nin á vista de xuízo, cos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que debo estimar como estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Juiz Casas, en nome e representación de Revinox, S.L., contra Cifersa Cía. Inversiones, S.A., e na dita razón condénase esta última a aboarlle á demandante a cantidade de 12.354,39 euros á cal lle resultan de aplicación os xuros moratorios da Lei 3/2004, así como as custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Ourense, nos termos previstos na Lei de axuizamento civil (LAC) na súa nova redacción.

Así a pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza definitivamente xulgando en primeira instancia.

Ao atoparse a dita demandada, Cifersa Compañía de Inversiones, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza