Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53741

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira

EDICTO (474/2016).

Eu, Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira, fago saber que nos autos de referencia se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Ribeira, 6 de agosto de 2018

Elena García Díez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira, viu os autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado baixo o número de rexistro 474/2016, promovidos pola procuradora Delfina Pariente Pouso, en nome e representación de Purificación González Gude e asistida polo letrado Manuel Lampón Suárez, contra Promociones Tizón Stilo, S.L., declarado en rebeldía procesual.

Resolución

Estimando a demanda formulada pola procuradora Delfina Pariente Pouso, en nome e representación de Purificación González Gude, debo condenar e condeno a Promociones Tizón Stilo, S.L. ao aboamento á demandante da suma de 323.905 euros. Así mesmo, condénase a demandada rebelde ao pagamento dos xuros de mora procesual previstos no artigo 576 da LAC desde o ditado da sentenza, e todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña (artigo 455 da LAC). O recurso interporase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 458 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Promociones Tizón Stilo, S.L., expido e asino este edicto.

Ribeira, 6 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza