Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53673

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 30 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2019.

BDNS (Identif:): 429753.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos que:

1. Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

2. Melloren a seguridade, hixiene, saúde e as condicións de traballo.

3. Axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.

4. Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigo 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.

6. Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2019.

Cuarto. Importe

Para o ano 2019 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.771.1 que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para 2019. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 14.700.000 euros distribuídos nas seguintes anualidades:

– Anualidade 2019: 5.700.000 euros.

– Anualidade 2020: 9.000.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar