Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 41/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 41/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Fateven, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 41/2018, en que son parte, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, asistida pola letrada Sra. Marón Fernández e, como demandado, Fateven, S.L., que non comparece, a pesar da súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construción fronte a Fateven, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 158,21 euros, incluído o 20 % de xuro por demora, con condena ao pagamento dos honorarios da letrada da parte demandante ata o límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fateaven, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza