Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilacova, do concello de Salvaterra de Miño.

Unha vez emitido informe favorable sobre a proposta de deslindamento coas propiedades particulares pertencentes a Montserrat Rueda de las Peñas e Marta Rodríguez Moo, presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilacova, concello de Salvaterra de Miño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte a Casa Social de Vilacova, lugar do Casal, 34, 36868 Salvaterra de Miño.

Ábrese o prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se consideren con dereito á propiedade do monte ou de parte deste e os lindeiros, que desexen comparecer, presentaren alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 18 de decembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra