Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 11/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 11/2016 deste xulgado do social, contra as empresas Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e Transportes Javier García Santos, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de novembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 11/2016, en que son parte, dun lado, como demandante, Germán Pablo Sar Noce, representado polo letrado Daniel Pérez López e como demandados Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., Transportes Javier García Santos, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que estimou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que se celebrou na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Germán Pablo Sar Noce, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 13.856,97 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Apróbase a desistencia respecto de Transportes Javier García Santos, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e a Transportes Javier García Santos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza