BDNS (Identif.:): 315984.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os grupos de acción local do sector pesqueiro que reúnan os seguintes requisitos:
a) Teren sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
b) Teren asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).
Segundo. Finalidade
O obxecto desta orde é fixar o crédito para a convocatoria de 2019, comprensiva do exercicio 2019 e plurianualidade asociada –2020–, das axudas reguladas na Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 3 de agosto de 2016 (DOG núm. 166, do 2 de setembro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016.
Cuarto. Importe
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) tramitadas durante o exercicio do ano 2019 e a plurianualidade asociada alcanza o importe de trescentos dez mil euros (310.000,00 €), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:
Partida orzamentaria |
2019 |
2020 |
Total |
15.03.723C.780.1 |
250.000,00 € |
60.000,00 € |
310.000,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.
Coas solicitudes presentadas ata o 31 de xaneiro de 2019 realízase a adxudicación de axudas.
De non esgotarse o crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderase realizar unha nova fase de adxudicación de axudas, coas solicitudes presentadas ata o 1 de xullo de cada ano, co límite do crédito dispoñible.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar