Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018073TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 3 de outubro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2018073TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Vanesa Cruz Amaral.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Vanesa Cruz Amaral o contido da citada resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, en Santander ou https://ovt.atriga.gal, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de dictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 15 de outubro de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Jefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2018073TA-LU.

Interesada: Vanesa Cruz Amaral.

NIE: X****232D.

Último enderezo coñecido: avenida Américas, 2, 9º C, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).