Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 934/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 934/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Joseu Garay Maiz, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Decido:

Que estimando a demanda que en materia de cantidade interpuxo Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o empresario individual Joseu Garay Maiz, debo condenar e condeno de modo principal e directo o empresario individual Joseu Garay Maiz a que reintegre á Mutua a cantidade de 304.626,98 € en concepto de prestacións de morte e supervivencia, derivadas do falecemento de Alin Pop, consecuencia do accidente de traballo sufrido polo anterior o 16 de febreiro de 2017, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Joseu Garay Maiz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza