Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (655/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 655/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mariana Cretu contra Lasser Definity, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Mariana Cretu contra a entidade Lasser Definity, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 14 de xullo de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento, condenando a entidade Lasser Definity, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 846,72 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lasser Definity, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza