Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52868

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 11 de decembro de 2018 pola que se revoga a autorización para impartir determinadas titulacións universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o curso 2018/19.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, será acordada pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de seren autorizadas para implantar os estudos, as universidades quedan obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico. O incumprimento dos requisitos e compromisos adquiridos ao solicitar a autorización de implantación, a non impartición da titulación oficial autorizada, a extinción do plan de estudos ou a supresión da ensinanza, son causas suficientes para proceder á revogación da autorización.

O Pleno do Consello Galego de Universidades na súa sesión do 10 de decembro de 2018, no exercicio das competencias previstas no artigo 3.2.h) do Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, acordou informar favorablemente a revogación da autorización ás universidades do Sistema universitario de Galicia para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos títulos universitarios que se relacionan a continuación.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que se revogue a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. Título conxunto para a UDC e USC. Autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (DOG do 17 de novembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312452.

2. Máster universitario en Dereito. Estudos da Unión Europea. Autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4310464.

3. Máster universitario en Didácticas Específicas. Autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4315133.

4. Máster universitario en Enxeñaría Industrial. Autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4313638.

5. Máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica. Autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4313639.

6. Máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser. Título conxunto para a UDC e UVIGO. Autorizado pola Orde do 4 de xullo de 2017 (DOG do 14 de xullo), e que figura inscrito no RUCT co código 4316172.

7. Máster universitario en Xeoinformática. Título conxunto para a UDC e UVIGO. Autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4315281.

8. Progama de doutoramento en Análise Económico e Empresarial, autorizado pola Orde do 5 de decembro de 2013 (DOG do 20 decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600783.

9. Programa de doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión. Título conxunto para UVIGO, USC, UDC, Univ. Aveiro, Univ. Minho, Univ. Tras Os Montes e Alto Douro. Autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

10. Programa de doutoramento en Sociedade do Coñecemento: Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades. Autorizado pola Orde do 5 de setembro de 2014 (DOG do 26 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600136.

Artigo 2

Que se revogue a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía. Autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 2502234.

2. Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. Título conxunto para a UDC e USC. Autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (DOG do 17 de novembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312452.

3. Máster universitario Erasmus Mundus en Literatura Alemá na Idade Media Europea/Erasmus Mundus German Literature in the European Middle Ages. Autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (DOG do 17 de novembro), e que non figura inscrito no RUCT.

4. Máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental. Autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4311782.

5. Máster universitario en Psicoloxía Educativa: Desenvolvemento e Aprendizaxe. Autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4315196.

6. Programa de doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión. Título conxunto para UVIGO, USC, UDC, Univ. Aveiro, Univ. Minho, Univ. Tras Os Montes e Alto Douro. Autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

Artigo 3

Que se revogue a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Dereito de Empresa. Autorizado pola Orde do 5 de decembro de 2013 (DOG do 20 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co códio 4314008.

2. Máster universitario en Enxeñaría da Organización. Autorizado pola Orde do 5 de setembro de 2014 (DOG do 26 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4314536.

3. Máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser. Título conxunto para UVIGO e UDC. Autorizado pola Orde do 4 de xullo de 2017 (DOG do 14 de xullo), e que figura inscrito no RUCT co código 4316172.

4. Máster universitario en Xeoinformática. Título conxunto para a UDC e UVIGO. Autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4315281.

5. Máster universitario en Xestión Ambiental na Industria. Autorizado pola Orde do 4 de xullo de 2017 (DOG do 14 de xullo), e que figura inscrito no RUCT co código 4316154.

6. Programa de doutoramento en Economía e Empresa, autorizado pola Orde do 5 de decembro de 2013 (DOG do 20 decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600845.

7. Programa de doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión. Título conxunto para UVIGO, USC, UDC, Univ. Aveiro, Univ. Minho, Univ. Tras Os Montes e Alto Douro. Autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

Artigo 4. Garantías académicas

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os estudos que inician o proceso de revogación de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional