Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52873

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 11 de decembro de 2018 pola que se revoga a autorización para impartir determinados programas oficiais de doutoramento que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14, nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, será acordada pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa entrada en vigor do Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, en consonancia co Decreto 222/2011 iníciase unha nova etapa de reorganización xeral dos estudos de posgrao diferenciando o máster universitario do programa de doutoramento. No Real decreto 534/2013 de modificación do Real decreto 99/2011 indícase que todos os programas de doutoramento, xa verificados, deben estar adaptados a este antes do inicio do curso 2014/15.

Neste contexto de reorganización e adaptación do conxunto da oferta existente no SUG, as universidades de A Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo) presentaron as súas propostas de reorganización do conxunto dos estudos de doutoramento, diferenciando aquelas que se adaptan ás novas iniciativas contempladas na regulación contida no Real decreto 99/2011 para o curso 2013/14, daquelas outras que continúan inalterables ata a súa efectiva extinción con anterioridade ao 30 de setembro de 2017.

En consecuencia, mediante a Orde do 5 de decembro de 2013 (DOG do 20 de decembro), Orde do 21 de xaneiro de 2014 (DOG do 31 de xaneiro), Orde do 10 de abril de 2014 (DOG do 23 de abril) e Orde do 5 de setembro de 2014 (DOG do 26 de setembro), autorizáronse os programas oficiais de doutoramento adaptados ao Real decreto 99/2011 e iniciouse o proceso de extinción dos programas oficiais de doutoramento adaptados á anterior regulación.

O Pleno do Consello Galego de Universidades na súa sesión do 10 de decembro de 2018, no exercicio das competencias previstas no artigo 3.2.h) do Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades acordou informar favorablemente a revogación da autorización ás universidades do Sistema universitario de Galicia para impartir determinados programas oficiais de doutoramento que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1. Que se revogue a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos seguintes programas de doutoramento que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14

1. Programa de doutoramento en Acuicultura, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310595.

2. Programa de doutoramento en Arquitectura e Rehabilitación, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310195.

3. Programa de doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310196.

4. Programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada, título conxunto para a UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311920.

5. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311144.

6. Programa de doutoramento en Ciencias da Saúde, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5311574.

7. Programa de doutoramento en Ciencias Sociosanitarias, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310197.

8. Programa de doutoramento en Competitividade, Innovación e Desenvolvemento: Análise Económico e Empresarial, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310198.

9. Programa de doutoramento en Computación, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311145.

10. Programa de doutoramento en Deporte, Educación Física e Ocio Saudable, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310199.

11. Programa de doutoramento en Dereito, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310200.

12. Programa de doutoramento en Dirección Integrada de Proxectos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310201.

13. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310693.

14. Programa de doutoramento en Enxeñaría Civil, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310206.

15. Programa de doutoramento en Enxeñaría da Auga, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311148.

16. Programa de doutoramento en Enxeñaría Industrial, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311149.

17. Programa de doutoramento en Enxeñaría Marítima, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311575.

18. Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311319.

19. Programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310203.

20. Programa de doutoramento en Física Aplicada, título conxunto da UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310699.

21. Programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311380.

22. Programa de doutoramento en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311150.

23. Programa de doutoramento en Investigación en Migracións Internacionais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311151.

24. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información, título conxunto da UDC e USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311324.

25. Programa de doutoramento en Investigación Psicolóxica en Contextos Educativos, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (publicado no DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5311576.

26. Programa de doutoramento en Lingua, Texto e Expresión Artística, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310207.

27. Programa de doutoramento en Lingüística e as súas Aplicacións, título conxunto da UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310708.

28. Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia, título conxunto da UDC, USC, Universidade de Salamanca, Universidade da Laguna, Universidade de Valladolid e Universidade Autónoma de Madrid, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro para USC) e polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo para UDC) e que figura inscrito no RUCT co código 5311316.

29. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311494.

30. Programa de doutoramento en Neurociencia, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310626.

31. Programa de doutoramento en Novas Aproximacións aos Estudos Anglo-Norteamericanos e Irlandeses, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310210.

32. Programa de doutoramento en Plans e Proxectos. Do Territorio á Cidade, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311577.

33. Programa de doutoramento en Psicoloxía da Saúde, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311155.

34. Programa de doutoramento en Química Ambiental e Fundamental, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311578.

35. Programa de doutoramento en Saúde, Discapacidade e Dependencia, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311579.

36. Programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311156.

37. Programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles, título conxunto nos cales participa a UDC, Universidade de Cantabria, Universidade do País Vasco, Universidade de Zaragoza e Universidade de Oviedo, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (publicado no DOG do 23 setembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310792.

38. Programa de doutoramento en Tecnoloxías Navais e Oceánicas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311157.

39. Programa de doutoramento en Xerontoloxía, título conxunto da UDC e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310205.

Artigo 2. Que se revogue a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos seguintes programas de doutoramento que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14

1. Programa de doutoramento en A Europa Medieval e Moderna: Territorio, Sociedade e Cultura, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310619.

2. Programa de doutoramento en Acuicultura, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310595.

3. Programa de doutoramento en Administracións, Institucións Públicas e Estudos Internacionais, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311327.

4. Programa de doutoramento en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311317.

5. Programa de doutoramento en Atención Integral da Saúde, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310596.

6. Programa de doutoramento en Avaliación de Programas e Institucións de Formación, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311340.

7. Programa de doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310597.

8. Programa de doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311328.

9. Programa de doutoramento en Bioquímica e Bioloxía Molecular, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310598.

10. Programa de doutoramento en Ciencia de Materiais, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311329.

11. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química, título conxunto da USC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310599.

12. Programa de doutoramento en Ciencias da Visión, título conxunto da USC, Universidade de Valladolid, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Murcia, Universidade Miguel Hernández de Elche e Universidade de Coimbra (Portugal), autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310663.

13. Programa de doutoramento en Ciencias Forenses e Patoloxía, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310601.

14. Programa de doutoramento en Ciencias Odontolóxicas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311318.

15. Programa de doutoramento en Comunicación e Industrias Creativas, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311330.

16. Programa de doutoramento en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e do Desenvolvemento, título conxunto da USC, Universidade de Granada, Universidade de Cantabria, Universidade de Zaragoza e Universidade Rovira i Virgili, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311921.

17. Programa de doutoramento en Dereito Privado: Perspectiva Autonómica, Estatal e Europea, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311331.

18. Programa de doutoramento en Desenvolvemento Económico e Innovación, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311332.

19. Programa de doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310602.

20. Programa de doutoramento en Deseño e Innovación na Formación, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311335.

21. Programa de doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311333.

22. Programa de doutoramento en Dirección de Empresas, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311334.

23. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310693.

24. Programa de doutoramento en Economía, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311336.

25. Programa de doutoramento en Economía Aplicada, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311337.

26. Programa de doutoramento en Educación, Cultura da Sustentabilidade e Desenvolvemento, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311338.

27. Programa de doutoramento en Educación, Xénero e Igualdade, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310604.

28. Programa de doutoramento en Endocrinoloxía, título conxunto da USC e UVigo, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro para a USC) e polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril para a UVigo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310605.

29. Programa de doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310606.

30. Programa de doutoramento en Enxeñaría Biotecnolóxica, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311346.

31. Programa de doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310614.

32. Programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310615.

33. Programa de doutoramento en Especialidades Médico-Cirúrxicas, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311341.

34. Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311319.

35. Programa de doutoramento en Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311320.

36. Programa de doutoramento en Estudos Franceses, título conxunto da USC e a Universidade de Nantes autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (publicado no DOG do 17 de novembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311813.

37. Programa de doutoramento en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311339.

38. Programa de doutoramento en Estudos sobre Historia da Arte e da Música, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311321.

39. Programa de doutoramento en Estudos sobre Xuventude e Sociedade, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311322.

40. Programa de doutoramento en Filoloxía Clásica, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310607.

41. Programa de doutoramento en Filoloxía Románica, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310608.

42. Programa de doutoramento en Filosofía. Cuestións Actuais, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311342.

43. Programa de doutoramento en Fiscalidade Internacional e Comunitaria, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311343.

44. Programa de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311344.

45. Programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311380.

46. Programa de doutoramento en Historia Contemporánea, título conxunto da USC, Universidade Complutense de Madrid, Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Menéndez Pelayo, Universidade de Valencia, Universidade de Zaragoza, Universidade de Cantabria e Universidade do País Vasco, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311074.

47. Programa de doutoramento en Historia da Arte Medieval, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310611.

48. Programa de doutoramento en Humanidades e Servizos Culturais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310612.

49. Programa de doutoramento en Industrias Alimentarias: Ciencia, Enxeñaría e Prevención de Riscos Laborais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310613.

50. Programa de doutoramento en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310616.

51. Programa de doutoramento en Investigación Agraria e Forestal, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310617.

52. Programa de doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311347.

53. Programa de doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311349.

54. Programa de doutoramento en Investigación en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos, título conxunto da USC, Universidade de Valladolid, Universidade de Burgos e Universidade Rovira i Virgili, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310678.

55. Programa de doutoramento en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311348.

56. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información, título conxunto da USC e UDC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311324.

57. Programa de doutoramento en Lingua e Literatura Alemás, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310620.

58. Programa de doutoramento en Lingüística Aplicada e Teoría da Lingüística, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310621.

59. Programa de doutoramento en Lingüística Española, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310622.

60. Programa de doutoramento en Lingüística Galega, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310623.

61. Programa de doutoramento en Literaturas Galega e Lusófonas. Cultura e Identidade, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311350.

62. Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia, título conxunto da UDC, USC e a Universidade de Salamanca, Universidade da Laguna, Universidade de Valladolid e Universidade Autónoma de Madrid, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro para USC) e polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo para UDC) e que figura inscrito no RUCT co código 5311316.

63. Programa de doutoramento en Matemáticas, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311351.

64. Programa de doutoramento en Medicina Molecular, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311352.

65. Programa de doutoramento en Medioambiente e Recursos Naturais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310624.

66. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311494.

67. Programa de doutoramento en Morfoloxía Médica, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310625.

68. Programa de doutoramento en Neurociencia, título conxunto da USC, UDC e UVigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310626.

69. Programa de doutoramento en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311353.

70. Programa de doutoramento en Psicoloxía Social Aplicada aos Contextos Organizacional e Político-Xurídico, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311326.

71. Programa de doutoramento en Psicoxerontoloxía, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura no nivel académico do Real decreto 56/2005, inscrito no RUCT co código 4001520.

72. Programa de doutoramento en Saúde Pública, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311354.

73. Programa de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310627.

74. Programa de doutoramento en Xerontoloxía, título conxunto da USC e UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310205.

75. Programa de doutoramento en Xestión Pública, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311345.

Artigo 3. Que se revogue a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos seguintes programas de doutoramento que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14

1. Programa de doutoramento en Actividade Física, Deporte e Saúde, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310686.

2. Programa de doutoramento en Acuicultura, título conxunto da UDC, USC e UVigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310595.

3. Programa de doutoramento en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medioambiente, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310688.

4. Programa de doutoramento en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (publicado no DOG do 23 de setembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310689.

5. Programa de doutoramento en Arte Contemporánea, Creación e Investigación, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012), e que figura inscrito no RUCT co código 5311896.

6. Programa de doutoramento en Artes Escénicas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310690.

7. Programa de doutoramento en Biodiversidade e Ecosistemas, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311897.

8. Programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada, título conxunto da UVigo e UDC, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311920.

9. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311844.

10. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (publicado no DOG do 23 de setembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311660.

11. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química, título conxunto da UVigo e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310599.

12. Programa de doutoramento en Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Mudanza Climática, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311378.

13. Programa de doutoramento en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310692.

14. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo, título conxunto da UVigo, UDC e USC, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310693.

15. Programa de doutoramento en Economía, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310694.

16. Programa de doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310695.

17. Programa de doutoramento en Endocrinoloxía, título conxunto da UVigo e USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro para a USC) e polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril para UVigo) e que figura inscrito no RUCT co código 5310605.

18. Programa de doutoramento en Enxeñaría Química, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310701.

19. Programa de doutoramento en Enxeñaría Telemática, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310702.

20. Programa de doutoramento en Enxeñaría Térmica, título conxunto da UVigo, Universidade do País Vasco e Universidade de Burgos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311399.

21. Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa título conxunto da UVigo, UDC e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311319.

22. Programa de doutoramento en Estudos de Xénero, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro), e que figura co nivel académico do Real decreto 56/2005, inscrito no RUCT co código 4000634.

23. Programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310698.

24. Programa de doutoramento en Física Aplicada, título conxunto da UVigo e UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310699.

25. Programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser, título conxunto da UVigo, UDC e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311380.

26. Programa de doutoramento en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310700.

27. Programa de doutoramento en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311898.

28. Programa de doutoramento en Intervención Psicosocioeducativa en Educación Secundaria: Cara unha proposta de Calidade, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310703.

29. Programa de doutoramento en Investigación en Comunicación, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310704.

30. Programa de doutoramento en Investigación en Contabilidade e Finanzas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310705.

31. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310706.

32. Programa de doutoramento en Lingüística e as súas Aplicacións, título conxunto da UVigo e UDC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310708.

33. Programa de doutoramento en Lingüística Galega, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310707.

34. Programa de doutoramento en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310709.

35. Programa de doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310710.

36. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, título conxunto da UVigo, UDC e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311494.

37. Programa de doutoramento en Neurociencia, título conxunto da UVigo, UDC e USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310626.

38. Programa de doutoramento en Oceanografía, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) e que figura inscrito no RUCT co código 5311899.

39. Programa de doutoramento en Ordenación Xurídica do Mercado, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310712.

40. Programa de doutoramento en Química Teórica e Modelización Computacional, título conxunto da UVigo, Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Cantabria, Universidade de Extremadura, Universidade de Illes Balears, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade de Granada, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade de Sevilla, Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea e Universidade de Valencia, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310092.

41. Programa de doutoramento en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310714.

42. Programa de doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310715.

43. Programa de doutoramento en Tecnoloxía Medioambiental, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5311382.

44. Programa de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310716.

45. Programa de doutoramento en Tradución e Paratradución, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5310717.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional