Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Varela Moure contra Euroquit, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Euroquit, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 16.869,95 euros en concepto de principal (3.311,55 euros en concepto de indemnización máis 13.558,40 euros en concepto de salarios de tramitación) máis outros 1.686,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivarse da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0150 18), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euroquit, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza