Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 223/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 223/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Nikol Dahiana Legro Barahona contra a empresa Silvia Lorena Guiarratan, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

Decisión:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Chenrong Lin, e en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante verificado o 11.3.2018, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, pola súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido devandito termo, sen que se optou, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: de 239,69 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 43,58 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Elena Quella Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratán, en ignorado paradeiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administación de xustiza