Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52459

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (568/2017).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de representante legal de Banco Popular Español, S.A., en representación de Banco Popular Español, S.A., fronte a ocupantes de vivenda, ditouse sentenza cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza 69/2018.

Pontevedra, 14 de xuño de 2018.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento por precario número 568/2017, seguidos por instancia de Banco Popular Español, S.A., representado polo procurador Sr. Fandiño Carnero e asistido pola letrada Sra. Santamaría de Felipe, contra os ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Andurique, nº 13, piso 2, letra A (bloque 1), de San Salvador de Poio, en situación de rebeldía procesual, versando o xuízo sobre desafiuzamento por precario.

Decido que desestimo a demanda interposta polo procurador Sr. Fandiño Carneiro, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra os ignorados ocupantes da vivenda sita na avenida de Andurique, nº 13, piso 2, letra a (bloque 1), de San Salvador de Poio, e absolvo estes das pretensións dirixidas contra eles.

Impóñense as custas do proceso a Banco Popular Español, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose devandito demandado, ocupantes de vivenda, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Pontevedra, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza