Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-17/2018-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-17/2018-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 3 de decembro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-17/2018-PPM

53484112G

Resolución

Vilariño, 65, Cespón, Boiro

PSC-CO-67/2018-PPM

52935271N

Resolución

Breiro, 13-2º A, Boiro

PSC-CO-570/2018-PPM

32756194P

Resolución

R/ San Amaro, 32, entreplanta, A Coruña

PSC-CO-662/2018-PPM

32832580B

Resolución

Bordeiras, 7-1º, Pastoriza, Arteixo

PSC-CO-706/2018-PPM

33212144Y

Resolución

R/ da Carballeira, 31, Ribeira

PSC-CO-709/2018-COP

32845170C

Resolución

Igrexa, Pastoriza, 4-1ª, Arteixo

PSC-CO-729/2018-TRA

76360015S

Resolución

Avda. Finisterre, 260-8º D, A Coruña

PSC-CO-1093/2018-PPM

10906795B

Resolución

Castilla, 780-4º-4ª, Narón

PSC-CO-1217/2018-PRE

76504367L

Resolución

Estrada xeral, 7, Castiñeiras, Ribeira