Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 26 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se notifica a resolución ditada ao abeiro do procedemento BS401F (expediente 056/2010/5).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente.

Para o coñecemento íntegro da resolución e constancia do seu coñecemento, emprazase a persoa interesada, persoalmente ou a través do seu representante legal, para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica dependente da Consellería de Política Social, en San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, en días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Esta cédula tamén será publicada no Diario Oficial de Galicia, pero para os efectos da notificación terase en conta únicamente a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Santiago de Compostela que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Código procedemento BS401F, núm. expediente: 056/2010/5.

DNI: 52482463M.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 20 de setembro de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: declaración sobre a idoneidade.