Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifica resolución da orde de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas.

Con data do 10 de outubro de 2018, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria resolve conceder a Thaynara de Araújo Fernándes a axuda solicitada ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V).

Segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse efectuar a notificación da citada resolución no lugar indicado polo interesado para os efectos de notificación sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta dirección xeral, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, en virtude deste anuncio, notifica o acordo de Resolución do 10 de outubro de 2018.

Para coñecer o texto íntegro do citado acordo de resolución, Thaynara de Araújo Fernándes poderá recoller a notificación mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Promoción Laboral da Dirección Xeral Orientación e Promoción Laboral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, segundo o que establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral