Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de reintegro en materia de subvencións TR802J-32-008-13 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral de Emprego por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo establece o artigo 36 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: TR802J-32-008-13.

Interesada: 48916264W.

Acto de notificación: resolución de declaración de procedencia de reintegro.

Expediente: TR807D-36-014-13.

Interesada: B27774728.

Acto de notificación: resolución de declaración de procedencia de reintegro.