Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Xedega, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53 establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio domicilio social) da entidade Xedega, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 22 de outubro de 2018 por unanimidade. Consta como novo domicilio social na avenida de García Barbón, 32, 2º, oficina-2, do concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio domicilio social) da entidade Xedega, S. Coop. Galega.

Vigo, 26 de novembro de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica