Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Automotive, S. Coop. Galega Xuvenil.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53 establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 1 dos estatutos sociais (cambio denominación) da entidade Automotive, S. Coop. Galega Xuvenil, acordada na asemblea xeral do 1 de abril de 2018 por unanimidade. A nova denominación da cooperativa é Automotive, S. Coop. Galega.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 1 dos estatutos (cambio denominación) da entidade Automotive, S. Coop. Galega.

Vigo, 26 de novembro de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica