Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 52055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para cubrir, pola quenda de promoción interna, catro vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017 deste concello.

No BOP da Coruña núm. 230, do 3 de decembro de 2018 aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, pola quenda de promoción interna, catro (4) vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017 do Concello de Fene, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 29 de novembro de 2018

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde