Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 52056

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de extracto da convocatoria e bases para a provisión de postos de traballo, reservados a persoal funcionario, polo sistema de concurso de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 257, do 9 de novembro de 2018, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso de méritos os seguintes postos de traballo:

2 postos de enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos/adxunto ao Servizo de Vías e Obras pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de enxeñeiro informático/adxunto xefe ao Servizo de Comunicación e TIC’s, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de técnico asesor RRHH/adxunto xefe ao Servizo RRHH, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica/escala de Administración especial, subescala técnica, técnico superior.

1 posto de xefe sección I Benestar e Igualdade, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión/escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe sección I Contratación, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión/escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe sección I Fomento, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión/escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe sección I Innovación e Participación Cidadá, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión.

1 posto de xefe sección I Inspección Tributaria, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión.

1 posto de xefe sección I Medioambiente, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios ou prazas de cometidos especiais.

1 posto de xefe sección I Promoción Económica e Emprego, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión/escala de Administración especial, subescala técnica, técnico superior ou técnico medio.

1 posto de xefe sección I Vías e Obras/enxeñeiro técnico Obras Públicas, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe sección I Xestión de Orzamentos, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe sección III Patrimonio, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, de xestión ou administrativa.

1 posto de adxunto xefe sección Recadación Voluntaria, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, de xestión ou administrativa/escala Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores, medios ou auxiliares.

1 posto de xefe unidade I Apoio Coordinación e Xestión Territorial, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, de xestión ou administrativa.

1 posto de xefe unidade I Recursos doutros Entes, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, de xestión ou administrativa/escala Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores, medios ou auxiliares.

1 posto de xefe unidade II Administración BOP, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de xefe unidade II Apoio e Xestión Administrativa Comunicación, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de xefe unidade II Xestión Administrativa Presidencia, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de xefe unidade II Xestión Administrativa e Procuraduría, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de xefe negociado I Actas, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Apoio e Tramitación Administrativa Secretaría, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Coleccións (Museo Provincial), pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Contabilidade Informática Recadación, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Devolucións e Fraccionamentos, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Gastos de Persoal, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Plusvalía e Circulación, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Poxas, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Subvencións, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Tramitación Administrativa, Expropiacións e Control de Proxectos, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado I Tributos Varios, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe negociado II Apoio e Tramitación Administrativa Cooperación Concellos, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Apoio e Tramitación Administrativa Secretaría Xeral Adxunta, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Nóminas e Seguridade Social, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Administrativa Cooperación e Proxectos, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Administrativa Granxa, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Administrativa Parque Móbil, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Administrativa Presidencia, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Administrativa Rede Museística, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de xefe negociado II Tramitación Subvencións e Coordinación Vixiantes Medioambientais, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de coordinador-xefe II Administración Prevención, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de coordinador-xefe II Administración e Xestión Cultural, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de coordinador-xefe II Apoio e Asuntos Sociais, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar/escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos auxiliares, subescala servizos especiais, clase de prazas de cometidos especiais e persoal de oficios.

1 posto de coordinador-xefe II Rutas Fluviais, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos auxiliares/subescala servizos especiais, clase de prazas de cometidos especiais e persoal de oficios.

1 posto de responsable coordinador I Xestión Tributos Concellos-Informática, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión.

1 posto de responsable coordinador II Apoio e Tramitación Administrativa RRHH, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de responsable coordinador II Novas Tecnoloxías RRHH, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios e técnicos auxiliares, subescala de servizos especiais, clase de prazas de cometidos especiais.

1 posto de responsable coordinador II Plan Único, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.

1 posto de responsable coordinador III Procesos Selectivos, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos auxiliares/escala Administración xeral, subescala administrativa ou auxiliar.

1 posto de encargado II Información e Atención Cidadá, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de subalternos.

2 postos de adxuntos xefe Parque Móbil, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios, categoría encargado, mestre ou oficial.

1 posto de maquinista-condutor transportista, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios.

1 posto de mecánico especialista, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios, mestre.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Lugo, 12 de novembro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 402/2017, do 24 de febreiro)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo