Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 833/2016).

PO. Procedemento ordinario 833/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Samuel Gómez González

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Juan Liste Brañas

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Samuel Gómez González contra Juan Liste Brañas, en reclamación de cantidades, rexistrado co número de procedemento ordinario 833/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Samuel Gómez González e a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 7 de febreiro de 2019, ás 10.45 horas, na planta baixa, sala de vistas, no edificio dos xulgados, para a celebración do acto de conciliación e, no caso de non se lograr avinza, xuízo, para o mesmo día ás 10.50 horas. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Samuel Gómez González e a Juan Liste Brañas, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza